No día de hoxe, na materia de Educación Emocional, saíu á luz un novo concepto, ou quizás non, tratábase do vocablo "emoción". Foi así como, partindo da nada ou, nalgúns casos, dunha previa procura, comezamos a interactuar e fomos aportando todo aquilo que considerabamos que gardaba relación coas emocións.
No meu caso, dado que estou a elaborar o meu TFG sobre a Educación Emocional, engado un enlace a un páxina web onde, ao meu parecer, reside todo o imprescindible para ter unha idea xeral do concepto emoción: http://stel.ub.edu/grop/files/Proyecto_Goretti.pdf
E despois de dar por rematada a sesión, e de cruzar as portas da universidade, unha frase comezou a revolotear dentro de min: "Quero emocionarme educando".
No hay comentarios:
Publicar un comentario